Semente Nova
Agrupación Artística e Cultural
Última actualización sitio web: 17-09-2024
Semente Nova fundouse no 1981 coa idea de proporcionar á mocidade unha maneira de entretemento e unha formación pedagóxica e musical.
A misión das seccións de danza é a de facer un traballo de investigación, de recollida de bailes, cancións, costumes e tradicións pola nosa autonomía, e nesta labor intentar divulgala.
En canto á sección de rondalla e coral, os obxectivos e a idea básica é a de formar musicalmente á xuventude, así como crear un amplo arquivo musical para a difusión da música.
Desde 1996, e co ánimo de ampliar os contactos con outras agrupacións e por tanto con outras tradicións, organizamos uns encontros folclóricos onde participaron formacións de distintas cidades de España e Portugal así como grupos de Centros Galegos en Suíza.
Desde o 17 de febreiro de 2023 a directiva está formada por:
- Presidencia: Inmaculada Begoña Castro Pérez
- Vicepresidencia: Roberto Rabina Simón
- Secretaría: Pablo Rama Vilalta
- Vicesecretaría: José Antonio Rama Patiño
- Tesorería: Alberto Otero Vilariño
- Contaduría: María Jesús Lourido Trillo
- Primeiro vocal: Margarita Graña Bermúdez
- Segundo vocal: Eloi Caamaño Lourido
- Terceiro vocal: Guillermo Iglesias López
- Cuarto vocal: José Antonio Vázquez Rivera
© Tódolos dereitos reservados